02 Aug
02Aug

Un activo solvente

Quizás o tempo comeza a pesar nun, ou serán estos días de soporífero calor, tamén pode ser a desidia dos domingos pola tarde, pero o certo é que comezo a estar farto, e é de certo que moito celtismo comeza a estar farto.

As causas de tal desidia son moitas e moi variadas, cada una ten as súas, mais eu teño as miñas.

Estou farto de ser noticia por problemas con xogadores, que se vas para a grada, que o xuíz falou, que se non renovas a banqueta... creando un clima de inestabilidade nos xogadores que, lonxe de facer que pelexen por gañar, pelexen por estar, un obreiro non lle debe nada ao patrón, e se o patrón se porta ben co obreiro, este, estaralle eternamente agradecido, en casa celta é ao contrario, é como se o xogador debe agradecer e estar agradecido por por a celeste. As cousas fanse doutro xeito, iso mal chamado recurso humano son realmente persoas, e as persoas non son ben queridas en Balaídos, que llo digan aos socios que imos perdendo ano a ano, ou aos empregados desencantados a nivel interno. En fin, mil e unha cousas que fartan, porque, o que reina é que o Celta sexa un activo solvente, que dea dividendos ao final de ano, recordando un pouco ao que lle fixeron ao bo de Isaac Díaz Pardo en Sargadelos, (léase o libro “o tendenciosos de Sargadelos”)

Pero o celta non é ningún activo, non é unha empresa ao uso, non é sequera unha marca comercial, o celta é todo iso máis un sentimento, máis unha historia de trunfos e fracasos, máis un agocho de dúas horas do mundo cando xogan o equipo. O Celta é a onde escapamos cando vemos o prezo do carburante, onde nos refuxiamos cando nos largan do traballo, o Celta danos ilusión e alegría sen razón aparente, o celta non é un activo solvente. Se só fose iso eu non escribiría estas verbas, nin habría tertulias dedicadas a el, nin tería miles de seguidores por todo o País. O Celta é moito máis grande do que as altas esferas do club pensan.

Todo isto quedaría en pouca cousa se houbese ilusión, se as fichaxes chegaran, se fixeramos bo fútbol, se se contara cunha canteira poderosa e prometedora, pero nada disto é así, aínda ao contrario, pídesenos condescendencia cunha directiva que nos quitou da ruína fai máis dunha década, pero a memoria é feble, a Deus grazas, e nós, os celtistas afoutos e de corazón si pedimos solvencia, solvencia nas fichaxes, solvencia ao trato do abonado, solvencia nos prezos de Balaídos, solvencia cos xogadores da casa e cos que hijo de fora. Supoño que esta solvencia deixa menos divisa a final de tempada, pero como moitos só collemos a tallada que a ilusión nos pode deixar, pois si, pedimos solvencia en ilusión.

Páseno ben, pórtense mal... pero que non vos pillen

Comentarios
* No se publicará la dirección de correo electrónico en el sitio web.