28 Aug
28Aug

Xa fai máis tempo do que parece, cando o mundo era máis próximo, as redes sociais eran unha quimera e internet era case de uso exclusivo para rematar coas revistas X, nese tempo non tan pasado entraba Mouriño a dirixir ao Celta, xa estaba na directiva , sabía onde se metía e por que se metía, e despois destes anos, onde se comeza a falar de transicións de propietarios, tal vez sexa propicio falar do seu legado.

Cadrou nesta época tamén que os rapaces bebíamos un veleno chamado sol e sombra, anís e coñac no mesmo vaso púñanse ao servicio de mentes adolescentes para facelas naufragar nun mar de mareos e pelexas, co único aliciente de que ao día siguiente só os máis atrevidos sacaban conclusións certeiras do que fora a noite anterior.

Isto mesmo é o que lle está pasando ao bo de Mouriño, tanto sol e sombra na súa dilatada xestión fai que con tanto sol e sombra andemos moitos algo mareadiños e non saibamos acertar nas conclusións pertinentes. Pero ímolo tentar.

Por un lado ninguén dubida que nos sacou da banca rota, que a súa aposta por adestradores que apostaban pola canteira sumada a unha lei concursal consigue que, a pesar dos anos en segunda non deparecésemos, tamén apareceu Aspas, Mallo, Lago... conseguiu tamén facernos volver a primeira, cousa nada doada naqueles tempos, fixo posible a chegada de grandísimos xogadores e moi bos adestradores, Luís Enrique, O “TOTO” entre outros e incluso tivemos a onírica esperanza de erguer un título. Tamén dotou ao celta de capital innmobel, ou o que é o mesmo, de cousas materialis extra sports. Fixo unha cidade para adestrar máis que necesaria, mercou unha sede en propiedade no centro de Vigo. Moito sol, moito anís. Pero a coñac ou o escuridade é inevitable neste coptel. E ten tamén tela.

Enfrontouse de xeito frontal e partidista contra o responsable e posuidor da soberanía popular dos vigueses, mercou parte da cidade deportiva dun xeito como mínimo pouco ético, dicía Castelao : “ O ben e o mal non ven escrito no código penal”, deixando a xa precaria situacións dos propietarios de montes en man común en completa indefensión, e posiblemente un problema de augas nas vilas do redor que se verán afectadas máis cedo que tarde. A aposta pola canteira fai anos que deixou de ser prioritaria, prima fichar barato e vender caro, non a formación de celtistas que queiran vestir o celeste, e se os hai, vendelos en puxa. O trato aos xogadores que non comulgan coa rodas de muíño que ofrece deixa que desexar, Denis, Costas ou mesmo Carreira. O deportivo está nun segundo plano desde una salida de Berizzo, utilizando unha economía de trincheira sen máis ambición que a de seguir en primeira.

Pero o certo e que tamén soubo corrixirse, darse conta de que o trato ao abonado tiña que cambiar, e cambiou, que a guerra co alcalde non ía a ningún lugar e rematou, (polo menos está en stand by) que os siareiros máis afoutos son os que lle dan senso a Balaidos, deuse conta de que o celtismo é moito máis que catro amigos no palco falando linguas foráneas. Os grandes sabios son os que erran e penitentan eses erros. Descoñezo se Mouriño é un sabio, pero recoñézolle o seu Celtismo, coa posible marcha do adestrador actual e a continuidade dun proxecto canteirán e de xente moza, todo é posible. Quizá a estas alturas pesen máis os soles que as sombras na súa administración, veremos que sucede nos tempos inminentes que están ao caer, que se amañe o que se teña que amañar e se cambie o que non funciona, que
escoite aos celtistas afoutos que viven nese adxectivo e non tanto a aduladores que se baixan do barco no primeiro golpe de mar.

Hala CELTA, JODER

Páseno ben, sexan malos... pero que non vos pillen.

Comentarios
* No se publicará la dirección de correo electrónico en el sitio web.