22 Jul
22Jul

Nada

Como o enigmático título que puxo fin ao ciclo dun dos grandes grupos de Música como foron Los Enemigos, así estamos agora mesmo por as terras olívicas. Nada é palabra que mellor describe o que vimos nos dous amigables por terras americanas.

Nada, esa palabra que tanto di para expresar a ausencia de calquera cousa, sexan estados, emocións ou accións, nese sentido sería un imposibel sacar conclusión algunha, mais algo tentaremos rabuñar, a ausencia de información é información.

Alviscamos pois que Coudet vai seguir empregando o mesmo sistema, consistente en xerar ocasión grazas, fundamentalmente, ao roubo de balón en campo alleo ou con algunha percutida esquerdosa entrada de Galán. Tamén sabemos que imos a seguir sendo Aspas e todos os demais, o que non debería sorprender comeza a pesar, son xa demasiados anos dependendo do moañés. Outra cousa obvia é que os novos, ou veñen da man do adestrador ou dificilmente terán protagonismo algún. Ollo, isto non é necesariamente culpa do corpo técnico, o nivel amosado por Williot ou mesmo por Óscar foi paupérrimo, outro tanto se pode dicir dos ben queridos canteiráns, especialmente Veiga, que tivo minutos para demostrar o que non demostrou. Queda a incógnita de De La Torre, por unha cousa ou por outra non tocou apenas o coiro.

En Resumo, nada, non vimos nada pero vimos dabondo, vimos que precisamos xente, moita xente, vimos que substituír a Denis será ardua tarefa. Vimos como Beltrán, Tapia e o mencionado Galán van ser pezas chave nos obxectivos deste ano, sexan cales sexan. Tamén me parece destacable a metodoloxía Coudetiana de pretempada, onde prima máis o físico que o balón, raro de ver na liga española, o que puido provocar a ausencia de fútbol.

O celtismo é ese sentimento de ilusión a pesar da praxe realista, nun análise Kantiano sinxeloisto sería dabondo para acender todas as alarmas e comezar a tremer, pero isto é celtismo, esa capacidade innata dos corazóns celestes de sempre miran para diante, como o mariñeiro en proa que sabe que non hai terra cerca pero, nunca se sabe, mirara mira en proa. Confiemos pois no bo facer, e sendo realistas, que Deus reparta sorte, porque como reparta xustiza... mal imos.


Sexan felices, pórtense mal... pero que non vos pillen.


Afou

Comentarios
* No se publicará la dirección de correo electrónico en el sitio web.